Evento: Lingua Urbana

Lingua Urbana
venres, 28 agosto, 2026 - 18:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Lingua Urbana

O festival Lingua Urbana celebrará a súa terceira edición o venres 28 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia. O evento consolidouse como unha das principais citas da música urbana en Galicia, cunha programac...

O festival Lingua Urbana celebrará a súa terceira edición o venres 28 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia. O evento consolidouse como unha das principais citas da música urbana en Galicia, cunha programación que reúne algúns dos nomes máis destacados do panorama estatal e internacional.
Nesta edición, o cartel inclúe artistas como Yung Beef, Dirty Suc, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral, Valesk8 e o compostelán Arce, ao que se suma a presenza do artista canario Abhir, que ofrecerá en Santiago o seu único concerto en Galicia este ano.
Con máis de medio millón de oíntes mensuais en plataformas dixitais, Abhir destaca pola súa proposta musical que fusiona rap melódico, R&B alternativo e sonoridades electrónicas, integrando influencias culturais diversas e colaborando con artistas como Delaossa, Recycled J, Quevedo ou Cruz Cafuné.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Carlos Núñez
7 de xuño
Rúa de Sar
NoitiNHas 2026
10 de xuño
Avda. do Burgo das Nacións, s/n