Evento: A gran sementeira

A gran sementeira
domingo, 26 xullo, 2026 - 19:00
Praza Arquitecto Antonio Palacios,
O Porriño

A gran sementeira

Un espectáculo de Festicultores Troupe

Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.  

Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa  mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmósferas ciganas e festeiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar no que dura a festa. Están recomendados pola organización mundial da saúde . Cada espectáculo que fan prevén a depresión, artrosis, baixa o colesterol, activa o riego sanguíneo , etc.

Unha banda con máis de 20 anos de historia e case 1000 actuacións por varios países coma Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España, de cunha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa alá onde van a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral. Compartiron varias veces escenario con artistas coma Manu Chao Radio Bemba Sound System onde foron convidados a participar no evento Baionarena no ano 2008.

Con Emir Kusturica & the no Smoking Orchestra, onde ademais de telonear en varias ocasións, foron contratados para o Kusstendorf music and film Festival no ano 2010 en Serbia organizado polo mítico director de cine. Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Dubioza Kolektive, Muchachito, Macaco ,etc,foron outros grupos cos que tiveron a oportunidade de compartir festa.

Gañadores do premio do público no Festival internacional Haizetara de bandas de rúa en Amorebieta no ano 2009.

 

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
A volta a Galicia en 313 concellos
19 de xuño, 19:00
Praza do Concello - Palas de Rei - Lugo
Ándale! Bon appétit!
3 de xullo, 20:30
Praza do CPI de San Valentín - Fene - A Coruña
A tola academia de maxia de Charly Braun
7 de xullo, 21:00
Praza do Concello - Baiona - Pontevedra