Evento: Masterclass Kinothek Asta Nielsen

Masterclass Kinothek Asta Nielsen
sábado, 6 xuño, 2026 - 11:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Masterclass Kinothek Asta Nielsen

Karola Gramann, Heide Schlüpmann, 2026

Fundar unha cinemateca, fundar un novo canon

Fundada en Frankfurt en 1999, a Kinothek Asta Nielsen nace coa idea de difundir, documentar e investigar o cinema realizado por mulleres e a cultura cinematográfica queer. As súas cofundadoras, Karola Gramann e Heide Schlüpmann, falarán nesta masterclass da súa experiencia na elaboración dun novo canon da historia do cinema mediante o traballo da institución. Partindo dos discursos do novo movemento feminista da década de 1970, o equipo da Kinothek Asta Nielsen vén traballando en dar visibilidade e acceso a filmes que antes eran inaccesibles, e en xerar debate e pensamento crítico arredor deles. Un labor que sacou á luz importantes legados do cinema, como o da propia Asta Nielsen, estrela do cinema mudo danesa e tamén esencial actriz e produtora.

O arquivo reúne filmes non comerciais en formato de 16 mm e Super 8, xunto con material impreso como catálogos e outras publicacións relevantes, que abranguen folletos, programas de man e textos inéditos sobre cinema feminista. Organizan ciclos e proxeccións, eventos sobre historia e teoría do cinema e diversos proxectos colaborativos; tamén traballan na restauración e dixitalización de películas e na posta en circulación de copias. Un labor polifacético que contribuíu de xeito crucial a elaborar un novo canon da historia do cinema, máis amplo e inclusivo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Mulleres da reconversión
Mulleres da Reconversión
11 de setembro
Filmoteca de Galicia
Resurrection
Resurrection
11 de setembro
Filmoteca de Galicia
Ladrón de bicicletas
Ladrón de bicicletas
12 de setembro
Filmoteca de Galicia
Curtas Kleber Mendonça Filho
15 de setembro
Filmoteca de Galicia