Evento: El Campus

El Campus
venres, 12 xuño, 2026 - 19:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

El Campus

A Cidade da Cultura acollerá o próximo 12 de xuño a primeira edición de /El Campus/, un novo festival musical presentado como “o maior evento universitario”, que reunirá música en directo, DJs, food trucks, bar...

A Cidade da Cultura acollerá o próximo 12 de xuño a primeira edición de El Campus, un novo festival musical presentado como “o maior evento universitario”, que reunirá música en directo, DJs, food trucks, barras, xogos e diferentes actividades ao longo da noite.
A cita, integrada nos Concertos do Xacobeo, converterá o Gaiás nun gran espazo de encontro arredor da música electrónica e urbana, cun cartel que combina artistas nacionais e algúns dos DJs máis destacados da escena galega.
O line up estará formado por Frikboys (Juan e Erra DJ set), Dumore, Kike Varela, Borja Solla, Sote, Carlos Barral, Flowsantos e Places.
O festival arrancará ás 19.00 horas e prolongarase ata ben entrada a madrugada.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Deitado na area
28 de xullo
Casa da Cultura
Radio Bulebule
29 de xullo
Albarón
Terapia de Grupo
30 de xullo
Praza do Calvario
Filloas
30 de xullo
Praza da Igrexa