Evento: A costa e os castelos

  • Presentación do documental  A costa e os castelos de Alejandro Gándara Porteiro
A costa e os castelos
xoves, 28 maio, 2026 - 19:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

A costa e os castelos

Presentación do documental de Alejandro Gándara Porteiro

Unha viaxe de verán pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos. O documental explora o pasado e o presente destes lugares para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa, sensible e divertida cara a nosa relación co patrimonio.

A curtametraxe documental, premiada no III Certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña, está producida e dirixida por Alejandro Gándara Porteiro, que tamén asinou obras audiovisuais como Dorothé na vila (2020) e 360 curvas (2025).

Xoves, 28 de maio, ás 19 horas

Ala Sur. Museo do Pobo Galego

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos