Evento: A moeda na alta idade media en Galicia

  • Arqueoloxía en Monodose no MAPOUR
A moeda na alta idade media en Galicia
luns, 18 maio, 2026 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

A moeda na alta idade media en Galicia

Arqueoloxía en Monodose

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, a conferencia abordará un periodo de transición de difícil estudio pero fascinante, o alto medievo, co título: "A moeda na alta idade media en Galicia", a cargo de Antonio Roma Valdés.  O poñente, especialista en moeda medieval, esporá o interese da numismática como fonte histórica, especialmente en períodos como a Alta Idade Media.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo