Evento: Contando cadros

Contando cadros
luns, 4 maio, 2026 a martes, 30 xuño, 2026
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela

Contando cadros

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica /Contando cadros/, unha proposta dirixida ao público infantil que pon o foco na importancia da educación artística e na súa influencia...

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica Contando cadros, unha proposta dirixida ao público infantil que pon o foco na importancia da educación artística e na súa influencia no desenvolvemento creativo, comunicativo e emocional das crianzas. A través dunha selección de contos, a exposición achega a arte e as e os pintores como protagonistas, favorecendo a aprendizaxe da historia das expresións artísticas desde a Antigüidade ata a actualidade e promovendo a creación dun criterio propio, a concentración e o uso dos sentidos.
A mostra pode visitarse na sala infantil da biblioteca do 4 de maio ao 30 de xuño de 2026, no horario de apertura do centro.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo
Ermida
Peque Disco Moc Moc
4 de xullo
Campo de San Francisco