Evento: Programa 4 | (Im)perfectas ópticas da representación

Programa 4 | (Im)perfectas ópticas da representación
martes, 19 maio, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Programa 4 | (Im)perfectas ópticas da representación

Forensic Architecture, Éléonore Weber, 2020-2022

Living Archaeology in Gaza

Forensic Architecture, Reino Unido, 2022

11 min, DCP, inglés, VOSE

Il n’y aura plus de nuit

Éléonore Weber, Francia, 2020

76 min, DCP, francés, VOSE
 

O grupo de investigación multidisciplinar Forensic Architecture, que utiliza técnicas e tecnoloxías arquitectónicas para examinar casos de violacións dos dereitos humanos, explora en Living Archaeology in Gaza a supervivencia da herdanza arqueolóxica en Palestina. Aliñando todas as imaxes dispoñibles e escavando dixitalmente os vestixios milenarios, evidencia a fráxil pervivencia do patrimonio e a historia palestina tras décadas de bombardeos.

Nas guerras actuais xa non queda nada oculto. Os helicópteros sobrevoan Oriente Medio con poderosas cámaras térmicas. Os soldados localizan de noite ás persoas designadas como inimigas, convertidas en trazos espectrais. A cineasta e directora teatral Éléonore Weber investiga as imaxes nocturnas bélicas para escribir un ensaio acerca dos conflitos contemporáneos. Analizando vídeos e escoitando testemuños, reflexiona sobre a capacidade de ver e ser visto, sobre os razoamentos de quen combate e a súa extrema deshumanización.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

260622_cartel_proxeccion
Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe.
22 de xuño
Centro social de Lamasdeite. Vilardevós
Los galgos + Mañana vendrá la bala
23 de xuño
Filmoteca de Galicia
La misteriosa mirada del flamenco
23 de xuño
Filmoteca de Galicia
Kill Bill: The Whole Bloody Affair
25 de xuño
Filmoteca de Galicia