Evento: Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
Colectivo NEOZOON, 2012-2026
O colectivo de realizadoras Neozoon leva a cabo, desde hai quince anos, unha lectura única das redes sociais e da cidadanía que as poboa e nutre. A partir de asombrosas remontaxes rítmicas e collaxísticas, afondan nos comportamentos sociais colectivos desmiuzando as súas autorepresentacións e obsesións, deambulando entre a diversión e a incomodidade, lidando con conceptos como a fe, a virilidade, o sadismo ou as complexas relacións dos seres humanos co resto de seres animais. A súa mirada sagaz e as súas técnicas de montaxe diseccionan o alude de expresións na rede para formar un ilimitado mosaico de micropantallas, espello catártico da nosa sociedade.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Permanencia do efémero
5 de maio, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
7 de maio, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña