Evento: Cousas de abellas e Apiarte
Cousas de abellas e Apiarte
martes, 5 maio, 2026 a sábado, 16 maio, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Cousas de abellas e Apiarte
Exposicións organizadas por Máisquemel
Cousas de Abellas consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos e Apiarte é un conxunto de obras artísticas sobre o mundo das abellas e a apicultura creadas por distintos autores. A unión das dúas exposicións, xunto cos audiovisuais e equipamentos apícolas, conforman un todo e dannos unha visión completa sobre a importancia das abellas e os seus produtos para a saúde e o medio ambiente.
No vestíbulo. Poden visitarse do 5 ao 16 de maio no horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición



