Evento: Carlos Núñez

Carlos Núñez
domingo, 7 xuño, 2026 - 20:00
Rúa de Sar,
Santiago de Compostela

Carlos Núñez

Carlos Núñez regresa á súa tradicional cita co público compostelán para encher de maxia a Colexiata do Sar. O noso músico máis internacional convídanos a gozar dun concerto inesquecible en pleno corazón de Gali...

Carlos Núñez regresa á súa tradicional cita co público compostelán para encher de maxia a Colexiata do Sar. O noso músico máis internacional convídanos a gozar dun concerto inesquecible en pleno corazón de Galicia, pensado tanto para os de aquí como para os que nos visitan; unha oportunidade única para sentir a auténtica esencia de Santiago desde dentro.
Nesta velada tan especial, a xira "Lugares Máxicos" celebra por todo o alto o 30 aniversario de A Irmandade das Estrelas, o disco que revolucionou a música celta e se erixiu como un fito absoluto da nosa cultura. Acompaña a Carlos Núñez nunha viaxe sonora a través de tres décadas de aventuras e conexións sorprendentes, e sigamos tecendo xuntos esa gran irmandade musical que hoxe resoa en todo o mundo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Irmaus da Raia Seca
27 de xuño
Pista Polideportiva de San Xiao
MU2
27 de xuño
Pistas do Rabazal