Evento: A gran viaxe das Letras Galegas

  • Imaxe
A gran viaxe das Letras Galegas
sábado, 23 maio, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A gran viaxe das Letras Galegas

Contacontos con A Xanela do Maxín

Unha viaxe máxica e emocionante a través da historia, da lingua e da cultura galegas que nos leva por un camiño cheo de palabras, sons e lembranzas a través de distintas épocas, autoras e autores.

Un espectáculo que nos convida a embarcar nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se convirten en pontes entre pasados distantes e presentes próximos, entre o corazón e a memoria. Comezando con Begoña Caamaño e as voces contemporáneas, retrocederemos ata Rosalía de Castro e os primeiros textos escritos en galego.

Este espectáculo é, antes que nada, unha celebración da nosa lingua e do poder transformador das letras: un fío condutor que une xeracións, preserva a memoria colectiva e nos axuda a soñar un futuro en galego.

No salón de actos. Actividade dirixida a público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Contos para celebrar as Letras
16 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña