Evento: A frase que me libera

A frase que me libera
martes, 14 abril, 2026 a xoves, 30 abril, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

A frase que me libera

Exposición colectiva de persoas privadas de liberdade

No vestíbulo da biblioteca poderedes visitar a exposición colectiva " A frase que me libera" de persoas privadas de liberdade no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

"A frase que me libera" propón un percorrido onde cada obra funciona como unha pequena apertura: unha invitación a mirar, sentir e recoñecer que a arte pode ser tamén unha forma de atravesar fronteiras invisibles.

Esta exposición é o produto dun proxecto onde se emprega a arte restaurativa como medio para promover a saúde emocional, a reconstrución persoal e a resolución de conflitos, fomentando a responsabilidade, a reflexión e a conexión coa comunidade. Aquí a arte serve como un medio non verbal para explorar sentimentos, experiencias traumáticas, conflitos persoais e relacións sociais. 

A técnica empregada, a do marmorado, é unha técnica antiga que consiste en crear e formas e movementos de cor sobre a superficie da auga para posteriormente transferilos ao lenzo, papel... O resultado son composicións únicas, nas que as cores expándense, mestúranse e xeran patróns que lembran as veas do mármore ou a correntes da natureza.

Inauguración, xoves 16 de abril ás 13.00h.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona