Evento: Improversións: A propósito de William
Improversións: A propósito de William
Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un novo traballo facendo o que mellor saben facer: encarnar as historias tal e como as tería escrito o seu finado dramaturgo, un tal William, que quedou na corte co resto dos cadáveres. Víctor Castro, Antía Vidal e Diego Salgado improvisan historias no estilo de Shakespeare coa súa característica esencia musical, como estaba escrito no destino dos Improversados. Algo cheira a impro en Dinamarca.
Ficha artística:
Autoría: Compañía Improversados
Elenco: Víctor Castro, Antía Vidal, Diego Salgado
Entradas á venda en ataquilla
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Salón Teatro
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Salón Teatro
Máis eventos de tipo Espectáculo



