Evento: Mala vida e pior morte de Ricardo III

  • Mala vida e pior morte do rei Ricardo III
Mala vida e pior morte de Ricardo III
mércores, 8 abril, 2026 - 21:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Mala vida e pior morte de Ricardo III

Centro Dramático Galego en coprodución con Producións Teatrais Excéntricas e co apoio da Fundación Cidade da Cultura

Mala vida e pior morte de Ricardo III é un espectáculo unipersoal protagonizado por Evaristo Calvo no que, a través dun monólogo dirixido á audiencia, o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama A vida e a morte do rei Ricardo III.

Un espectáculo revisionista sobre o personaxe de Ricardo III recreado por William Shakespeare que tenta resitualo no contexto da ciencia histórica e esculcar a sua calidade humana a través do humor nun exercicio esquizoide no que personaxe e intérprete revelan as súas contradiccións.

 

Ficha artística: 

Elenco: Evaristo Calvo

Espazo Escénico: Marta Calvo

Espazo Lumínico: Octavio Mas

Asesoría Histórica: Cristina Mourón Figueroa

Adestramento Creación: Ana Vallés

Axudante de Dirección: Santi Romay

Fotografía: Manuel G. Vicente

Axudante de Produción e Vídeo: Miguel Calvo

Produción: Rubén G. Pedrero

Textos e Dramaturxia: Maria Lado, Evaristo Calvo, Antón Coucheiro, William Shakespeare.

Mirada Externa: Alessandra García

Dirección: Antón Coucheiro e Evaristo Calvo

 

Entradas á venda en ataquilla

Máis eventos de tipo Espectáculo

quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana
Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro