Evento: Extra!

  • Imaxe
Extra!
sábado, 4 abril, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela
Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil con Paco Nogueiras

Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil por todo o alto con Extra! de Paco Nogueiras. Espectáculo baseado no libro-cd do mesmo título editado por Kalandraka Editora, que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

 

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.

As novas máis curiosas, sucesos especiais.

Os temas máis diversos podes coñecer,

os feitos máis recentes. Non os debes perder!

 

En Extra! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. Se non queres que cho conten, ven vivilo ti!

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea