Evento: Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque

Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque
sábado, 28 marzo, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque

Elena Duque, 2010-2025

Pequena escolma de cabeceiras (2016-2025) 4 min.

Unha escolma de cabeceiras animadas realizadas para festivais e institucións culturais como (S8) Mostra de Cinema Periférico, Filmadrid, Novos Cinemas, Filmoteca de Cataluña e Zumzeig.

Mountain Fires - The Mining Co. (2017). 3 min.

Videoclip.

I´m Not You Will - Los Jaguares de la Bahía. (2017). 3 min.

Videoclip.

Cómo hacer un fanzine (2010) 2 min.

Unha película educativa animada para aprender como facer un fanzine, unha publicación, libro, cómic ou revista feita por unha mesma.

Ñam. (2014). 2 min.

Capricho froital de animación precaria, ensalada de froitas en movemento espasmódico, con aparición estelar de muppets comestibles. Colaboración para o videofanzine La Piedra Blanca.

Postales. (2016). 3 min.

Unha serie de postais animadas de Galicia: as galerías brancas e os edificios da Coruña, a Mariña coruñesa e os seus barcos, ou o parque temático decimonónico ou Pasatempo en Betanzos.

La mar salada. (2014). 3 min.

“Nuestro amor es azul, como el mar, azul” (Christian Castro). Película sobre la mar salada (galega e sobre todo coruñesa), con popurrí de cancións mariñeiras (asturianas) da Coral Bajamar de Luanco recordadas “al vuelo”.

Pla y Cancela. (2017). 3 min.

Un fogar temporal alleo, aínda habitado polos rastros de quen pasaron alí unha vida. Un xogo animado coas luces, obxectos e pantasmas (locais e visitantes) dunha casa da rúa Pla y Cancela da Coruña.

Valdediós. (2019). 3 min.

En Valdediós construíu Gualterius un mosteiro no século XIII. En Valdediós hai un muro, hai un cabalo, hai un camiño, hai o universo enteiro.

Ojitos mentirosos. (2024). 6 min.

Mienten, mienten tus ojitos / miran, miran tan bonitos / y mi corazón se hace pedacitos. “Ojitos mentirosos”, Tropicalísimo Apache.

O trampantojo é un xénero de pintura que se apoia en “enganar ao ollo” de quen a contempla. Aquí, unha mostra de trampantojos madrileños: os que inventan fiestras e ceos inexistentes en muros da cidade, e os que fabrica a cámara de cinema.

Portales. (2025). 16 min.

Portales segue o curso do río Guadalete en Cádiz, España, desde a serra ata o mar: un catálogo de paisaxes que agochan outras paisaxes, unha colección de portais (e postais) interdimensionais que fusiona acción real e animación creando unha fauna e flora imposibles, outra historia e xeografía para un discreto curso de agua.

Curso de pintura rápida para principiantes. (2023). Performance. 25 min.

Aprenda como pintar en catro sinxelas leccións: “Para Sonia”, descubra a abstracción xeométrica e cor da man de Sonia Delaunay; “Naturaleza muerta”, domine o xénero máis versátil da pintura; “Pintura-Acción”, siga os pasos de Joan Mitchell (e non tanto os de Pollock), e “Retrato sentado”, como pintar un retrato cubista por fin ao seu alcance.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
20260422_cartel_lamasdeite
Cardoña, fotos a 7 pesetas
22 de abril
Centro social de Lamasdeite, Vilardevós
Todos nos llamamos Alí
22 de abril
Filmoteca de Galicia
A todos nos gusta el plátano
22 de abril
Filmoteca de Galicia