Evento: Festa do Corpus Christi de Redondela, cos eventos celebrativos da Coca, As Penlas e a Danza das Espadas

  • Danza das espadas
Festa do Corpus Christi de Redondela, cos eventos celebrativos da Coca, As Penlas e a Danza das Espadas
xoves, 4 xuño, 2015 a domingo, 7 xuño, 2015
Redondela,
Redondela

Festa do Corpus Christi de Redondela, cos eventos celebrativos da Coca, As Penlas e a Danza das Espadas

Festa Tradicional de Interese turístico

Durante catro días, e coincidindo co Corpus (día grande) teñen lugar as Festas da Coca de Redondela. Conta a lenda que preto de Redondela vivía un dragón que de cando en vez se achegaba á vila, raptaba unha rapaza e levábaa á súa cova. Un día, os mozos mariñeiros decidiron encararse co monstro e pelexaron con el ata vencelo e liberar as cativas. Logo, para celebrar a vitoria, danzaron coas súas espadas arredor del.

Para recordar esta lenda, o día do Corpus, na procesión polas rúas engalanadas de alfombras florais creadas durante a noite anterior polos veciños, participa a figura da Coca, acompañada dos danzantes das Espadas e das Penlas.
A praza do Concello acolle despois as exhibicións da Danza das Espadas e o Baile das Penlas. A primeira data polo menos do século XVI e é a escenificación da vitoria sobre o dragón. As Penlas, ataviadas con traxes brancos, forman un único conxunto coreográfico cos danzantes das Espadas e bailan arredor deles. Mulleres adultas levan sobre os seus ombreiros nenas pequenas, tamén de branco e con ás de anxos e co seu baile representan a alegría das nais pola morte do monstro e a liberación das súas fillas.

Exposicións, concertos, espectáculos nos que se recrea a lenda da Coca, verbenas nocturnas conforman un amplo programa festivo.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Arde Lucus
12 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Festa da Rosa
13 de xuño
varios espazos