Evento: Os tres porquiños

Os tres porquiños
domingo, 26 abril, 2026 - 17:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Os tres porquiños

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos con...

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.
Duración: 55 minutos + fotos ao final cos protagonistas.Idades recomendadas: a partir de 2 anos.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana
Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro