Evento: Familia Nijinska

Familia Nijinska
mércores, 29 abril, 2026 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Familia Nijinska

Unha conferencia escénica do colectivo VACAburra, un espectáculo poético e rebelde a través da historia dunha familia de bailaríns e bailarinas que revolucionaron a danza de inicios do século XX entre outras pe...

FAMILIA NIJINSKA
Idade recomendada: Público adultoDuración. 75 minLingua: Galego
Unha conferencia escénica do colectivo VACAburra, un espectáculo poético e rebelde a través da historia dunha familia de bailaríns e bailarinas que revolucionaron a danza de inicios do século XX entre outras personaxes fascinantes e seres fantásticos. A peza transita entre a palabra, o corpo e o trazo, propoñendo unha ollada crítica sobre os relatos hexemónicos da historia da arte, o estigma da saúde mental e o esquecemento das mulleres creadoras. FAMILIA NIJINSKA non é só unha narración biográfica, senón unha interrogación viva sobre como se constrúe a memoria e quen decide que corpos e voces son dignas de ser recordadas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal