Evento: Alén

Alén
xoves, 7 maio, 2026 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Alén

/*ALÉN */é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como un destino, senón como un proceso: o intre no qu...

COLECTIVO GLOVO
Idade recomendada:Todos os públicosDuración: 55 min
ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como un destino, senón como un proceso: o intre no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha experiencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. Nunha proposta dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire