Evento: Postais con sementes: un agasallo consciente para o Nadal

Postais con sementes: un agasallo consciente para o Nadal
luns, 22 decembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Postais con sementes: un agasallo consciente para o Nadal

Obradoiro con Árbore azul

Neste obradoiro a rapazada creará postais de Nadal empregando papel con sementes, da man de Árbore azul.

Decorarán as súas tarxetas e enviarán bos desexos ás familias e amizades ao mesmo tempo que fan un agasallo que non contamina e respecta a natureza.

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos. Hai 15 prazas.

No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.  

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Obradoiros de verán
27 de xullo a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Maxia de cerca
27 de xullo a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 28 de xullo
28 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense