Evento: Antigos ceremoniais e procesións florais

Antigos ceremoniais e procesións florais
xoves, 27 novembro, 2025 - 19:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Antigos ceremoniais e procesións florais

Faladoiro con Ana Isabel Filgueiras Rei sobre as procesións e cerimoniais florais

A arqueóloga e historiadora Ana Isabel Filgueiras Rei ofrecerá un faladoiro titulado Antigos cerimoniais e procesións florais. A Gran Troménie de Locronan (Troveni Lokorn). Unha Irmandade Galaico-Bretona, no que abordará as procesións ou cerimoniais florais como a Gran Troménie de Locronan, en Bretaña, como expresións culturais e ritos de celebración e agradecemento legados polos nosos ancestros.

Arqueóloga municipal e da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia e profesora da UNED, desde hai décadas investiga e coopera en proxectos para a recuperación do Patrimonio Inmaterial promovendo a súa difusión pública. Ten elaborado un dossier para a UNESCO sobre a tradición das alfombras florais. Actualmente traballa nun proxecto de rexistro da tradición oral e xeolocalización dos enclaves mitolóxicos de Ancares promovido pola Asociación Ser e Oliver Laxe.

Máis información: info@museodopobo.gal

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel
Toponimízate 2026
28 de agosto
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
4 de setembro
Centro Sociocultural Manuel Oreste
Toponimízate 2026
11 de setembro
Centro de Maiores Os Gozos