Evento: 1982: ‘La aventura del Arosa I’

1982: ‘La aventura del Arosa I’
martes, 18 novembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

1982: ‘La aventura del Arosa I’

Manuel Abad, 1982

Cuarta sesión dedicada á empresa Espello Vídeo Cine, na que se proxecta unha única peza. La aventura del Arosa I é unha reportaxe que documenta a viaxe do buque pesqueiro Arosa I á fosa atlántica para rexistrar as protestas contra as verteduras nucleares que alí estaban a suceder e denunciar esta situación ante o mundo.

Manuel Abad na cámara e na edición únese a unha tripulación conformada por diversos activistas, entre os que se contaba Gonzalo Vázquez Pozo, daquela concelleiro de Cultura na Coruña, quen nos acompañará na sesión xunto a Abad para rememorar esa travesía. Xosé Xoán Cabanas Cao produce e pon a voz en off.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Casablanca
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
8 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes