Evento: Compostela In-audita

Compostela In-audita
martes, 12 maio, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Compostela In-audita

No marco do ciclo *Contemporáneas 2025-2026*, /Compostela In-audita/ é un proxecto de escoita, documentación e transformación artística do patrimonio sonoro contemporáneo de Santiago de Compostela, materializad...

No marco do ciclo Contemporáneas 2025-2026, Compostela In-audita é un proxecto de escoita, documentación e transformación artística do patrimonio sonoro contemporáneo de Santiago de Compostela, materializado nun concerto audiovisual de 60 minutos elaborado a partir de imaxes e sons específicos das rúas e parroquias de Santiago, recollidos durante unha Residencia Rega no Gaiás no 2022.
A proxección deste filme sonoro vai acompañada coa música do propio Nacho Muñoz (electrónica e voz) e coa vídeo-realización ao vivo (live cinema) do premiado cineasta e creador audiovisual galego Roi Fernández.
A iniciativa enmárcase dentro do proceso de investigación artística sobre son e espazo público denominado Sonic Parkour, desenvolvido por Nacho Muñoz ao longo destes últimos anos, que explora como nos relacionamos co territorio a través da súa paisaxe sonora, transitando de xeito transversal por diversas disciplinas como antropoloxía, urbanismo, arquitectura, espazo público, arte sonora, patrimonio inmaterial, artes urbanas, artes visuais, cinema ao vivo, videoarte, walking art, acusmática ou acústica.
Con esta orixinal recreación musical do imaxinario sonoro de Santiago, Compostela In-audita propón unha abordaxe á identidade e á espiritualidade da cidade a través da súa escoita, atendendo ás especificidades sonoras de cada lugar e ás sensacións auditivas que definen as distintas localizacións elixidas.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Elexía para Brahms
6 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Vega
6 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
LA LOM
7 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5