Evento: Os Bolechas. A muller orquestra
Os Bolechas. A muller orquestra
Os Bolechas. A muller orquestra
Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema: Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo? Pois vai ser “A muller orquestra”. Tocará todo ela: bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta etc.
Volven os Bolechas ao FalaRedes. Este outono, levarán a súa música e o seu bo humor a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
29 de maio, 18:00
Casa da Cultura - Viana do Bolo - Ourense
30 de maio, 12:00
Biblioteca - Caldas de Reis - Pontevedra
30 de maio, 12:00
Centro Cultural Lustres Rivas - Ribeira - A Coruña
30 de maio, 19:00
Auditorio - Nigrán - Pontevedra