Evento: Concerto PunkInfantil
Concerto PunkInfantil
sábado, 25 outubro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Concerto PunkInfantil
Espectáculo a cargo de Brais das Hortas e Peter Punk
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.



