Evento: Unhas lentes como as do avó

Unhas lentes como as do avó
sábado, 27 setembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Unhas lentes como as do avó

Contacontos a cargo de Gema Santos e Caxoto

Celebramos o Día Internacional das Linguas de Signos co contacontos “Unhas lentes como as do avó” da man de Gema Santos e Caxoto. A primeira vez que Laura viu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos... non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.

Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ye-Yé. Strad el violinista rebelde
16 de agosto
Centro Cultural Avenida
Os Bolechas: Karaoke deportivo
20 de agosto
Campo da Leña
Os Bolechas: Karaoke deportivo
20 de agosto
Campo da Leña
Os Bolechas: Karaoke deportivo
21 de agosto
Praza do Toural