Evento: (EN)FOCO #3: Rapsodias africanas

(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
venres, 10 abril, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Clark Rundell, directorSeckou Keita, intérprete de kora
Seckou Keita: African Rhapsodies (arranxos: D. Mantovani). Estrea en España
VEN 10 ABR (15€ ou 21€ con petisco e bebida) Auditorio de Galicia, 20:30 h
No terceiro enfoque, a RFG achégase a outras tradicións musicais, cun programa aberto a horizontes sonoros recollidos nese continente culturalmente tan afastado que é África. Seckou Keita descende dunha familia de reis senegaleses e dos ancestrais músicos griot; comezou a ser valorado en Europa a mediados dos 90, cando presentou a kora, mestura única entre laúde e arpa, da que é o gran referente internacional. Para este instrumento desenvolveu afinacións orixinais a partir das catro tradicionais de Senegal, Gambia, Guinea-Bissau e Malí. Seckou Keita combina todas estas posibilidades sonoras nun só instrumento, mantendo a raíz tradicional e xerando un son novo, expresivamente máis amplo. Rapsodias africanas é un diálogo sonoro a varias bandas, para o que despregou toda a súa mestría como arranxista o compositor Davide Mantovani.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Radio Bulebule
29 de xullo
Albarón
Terapia de Grupo
30 de xullo
Praza do Calvario
Filloas
30 de xullo
Praza da Igrexa
Din de min
31 de xullo
Feira do Trece. Sedes