Evento: La gran comilona

La gran comilona
martes, 17 xuño, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Marco Ferreri, 1973

Catro homes de mediana idade e boa condición social reúnense para pasar a fin de semana nunha vila abandonada. Os obxectivos, o sexo e a degustación dunha sucesión de pratos selectos, parecen advertir sobre un hedonista suicidio en grupo. Reparto exemplar e guión de Azcona e Ferreri nun dos dramas extremos do director italiano onde a mestura de euforia e traxedia leva implícita a forza da sátira, con dardos envelenados contra a sociedade de consumo, e un singular cruzamento de sensacións (mesmo físicas) no espectador. A película obtivo un notable escándalo en Cannes, onde conseguiu o Premio FIPRESCI (compartido con La maman et la putain de Jean Eustache), primeira pedra do éxito desta maxistral, lúcida e conmovedora parábola.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pura
Nai + Véxote + Pura
23 de xullo
Casa da Cultura Olga Novo
Pura
Nai + Véxote + Pura
26 de xullo
Auditorio Cuartel Vello
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra