Evento: Boutique Amparo
Boutique Amparo
A exposición Boutique Amparo, comisariada por Eduardo Valiña forma parte das mostras conmemorativas do trinta aniversario do museo.
Esta mostra tenta ser un recoñecemento ao traballo dunha artista imprescindible no marco da vangarda histórica, non só pola súa propia achega senón como eixe que artella todo o universo granelliano.
Amparo Segarra (Valencia, 1915- Madrid, 2007) artista plástica, actriz de teatro e compañeira de Eugenio Granell, co que comeza a súa actividade artística a través dunha produción conxunta de colaxes realizadas en Porto Rico nos anos cincuenta, e que conforman unha boa parte desta mostra.
Amparo Identifícase plenamente coa técnica da colaxe dentro do movemento surrealista. Na súa obra introduce a través do humor opinións sociais e pensamentos surrealistas. Un proxecto marcado pola estética feminina na que crea un mundo fantástico a partir da superposición de recortes cun claro caracter realista.
Un dos elementos máis destacados da súa obra é o uso de imaxes procedentes de revistas de moda. A artista selecciona e recorta fotografías de mulleres, protagonistas das publicacións da época, para configurar composicións que, máis alá da súa aparencia estética, ofrecían unha crítica sutil á sociedade. A través destas imaxes, aborda temas como a cousificación da muller, os roles de xénero, o consumo ou a identidade sexual.