Evento: Sen cantareiras non hai foliada

Sen cantareiras non hai foliada
luns, 12 maio, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Sen cantareiras non hai foliada

Obradoiro a cargo da membro de Leilía, Montse Rivera

Neste obradoiro achegarémonos ás cantareiras, aquelas mulleres que facían música para bailar neses momentos de ocio que tiñan: as foliadas, seráns, ruadas... Coñeceremos os ritmos que empregaban, as percusións das que botaban man, ademais da súa inseparable pandeireta e as letras por elas inventadas.

Da man de Adolfina, Rosa, Eva, Manuela, Prudencia, Asunción e de moitas outras cantareiras anónimas, regresaremos a aqueles tempos nos que as mulleres eran as encargadas de traballar e sacar a familia adiante, pero tamén de facer máis levadeiro o día a día. Remataremos a actividade cantando tal como elas facían e, se hai ánimo, ata botando unha baila.

No salón de actos. Para 50 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

Troupolear e o proxecto consonante
24 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Carme, a cantareira da aldea
24 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
LETRAS ... Galegas
5 de maio a 30 de maio
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Extra terrestre
31 de maio, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña