Evento: Obradoiro de cerámica castrexa

Obradoiro de cerámica castrexa
sábado, 3 maio, 2025 - 11:00
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

Obradoiro de cerámica castrexa

Primeiro dos obradoiros para adultos do ano 2025 en Viladonga

Un ano máis, o Museo do Castro de Viladonga acolle un obradoiro de cerámica castrexa. Un obradoiro dirixido ao público adulto con ganas de aprender a facer cerámica ao xeito dos habitantes dos castros, coa técnica do rolo. Faise todo o proceso de elaboración, polo que tras o aprendizaxe, o deseño e a feitura o 3 de maio (en dúas quendas), farase tamén a cocción en forno aberto o 31 de maio.

Na inscrición terán preferencia as persoas que non se apuntaran en edicións anteriores. Esta inscrición é telefónica, no 982 870 160.

Sábado 3 de maio: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

Sábado 31 de maio: de 11:00h a 15:00h

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola