Evento: Castelao, un corazón á intemperie

Castelao, un corazón á intemperie
domingo, 27 abril, 2025 - 12:30
Parque José Martí (en caso de chuvia no Auditorio da Fábrica),
Oleiros

Castelao, un corazón á intemperie

Peza de teatro de Fantoches Baj

No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.

Velaquí a primeira, que nos chega da man da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán -dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse- renderlle a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito “O pai de Migueliño” contarao con viñetas a modo do Kamishibai, “Peito de Lobo” representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas. A muller orquestra
16 de novembro, 13:00
Auditorio Municipal Carmen Estévez - Vilalba - Lugo
Os Bolechas. A muller orquestra
16 de novembro, 18:00
Teatro Pastor Díaz - Viveiro - Lugo
Consello de Galiza
21 de novembro, 19:00
Salón de Actos do Antigo Hospicio (rúa Méndez Núñez) - Ferrol - A Coruña
Os Bolechas. A muller orquestra
22 de novembro, 18:00
Salón Multiúsos - Vilar de Santos - Ourense