Evento: Castelao, un corazón á intemperie

Castelao, un corazón á intemperie
sábado, 26 abril, 2025 - 20:00
Casa da Cultura Manuel María,
Barbadás

Castelao, un corazón á intemperie

Peza de teatro de Fantoches Baj

No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.

Velaquí a primeira, que nos chega da man da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán -dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse- renderlle a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito “O pai de Migueliño” contarao con viñetas a modo do Kamishibai, “Peito de Lobo” representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

As mil e unha
7 de maio, 18:00
Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12).Inscrición: http://apego.gal/tag/espazo-apego-santiago - Santiago de Compostela - A Coruña
As sete boinas do aviador
8 de maio, 19:00
Casino de Franza - Mugardos - A Coruña
Repunantas
8 de maio, 19:30
Liceo de Ourense - Ourense - Ourense
Begoña Caamaño, o transgredir das ondas
8 de maio, 20:00
Salón de actos da Casa do Concello - Silleda - Pontevedra