Evento: ImproVersións sobre A Burra, a Mesa e o Pau

ImproVersións sobre A Burra, a Mesa e o Pau
xoves, 17 abril, 2025 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

ImproVersións sobre A Burra, a Mesa e o Pau

Chega tamén unha nova aposta das ImproVersións ao Salón Teatro.

Baseándose na obra de Lorena  Conde, as improvisadores inspiraranse no estilo e na atmósfera da obra, así como nas suxerencias dos espectadores, para realizar variantes libres e aloucadas a redor desta nova produción.  

Coa direción de Antón Coucheiro e coa novísma compañía de improvisación teatral As Teimas sobre  o escenario, realizaranse dúas únicas funcións, que servirán para facer de ponte entre diversos públicos, e para que a divertida linguaxe da impro dialogue cunha posta en escena teatral.  

Creación en directo, dramaturxia instantánea, historias efémeras, escenas irrepetibles, a outra  cara do teatro. Benvidas, a impro continúa no Salón Teatro.  

Idea/direción: Antón Coucheiro  

Elenco: Susana Sampedro, Sheyla Fariña e Marta  Doviro  

Produce: Antón Coucheiro e As Teimas

 

Entradas: Ataquilla.com/ImproVersións

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia