Evento: Pelica de burra

Pelica de burra
domingo, 27 abril, 2025 - 12:00
Capela Torrente Ballester,
Ferrol

Pelica de burra

Narración oral con Vero Rilo e música de Luís Iglesias

O FalaRedes 2025 ábrese con narración oral (a cargo de Vero Rilo) e música (a cargo de Luís Iglesias) para os máis pequenos da casa e trasládanos ao ano 2735. Pelica de Burra viaxa no tempo e chega a un futuro sen xogos, sen música… así que decide regresar ao pasado para recoller as palabras perdidas e devolverllas a un porvir que será, sen dúbida, moito máis luminoso. Pelica de Burra ofréceselles aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística en dous posibles formatos: obradoiro para bebés (0-3 anos) en grupos reducidos ou espectáculo familiar.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

O rianxeiro
19 de setembro, 12:45
Auditorio de Torroso - Mos - Pontevedra
O rianxeiro
21 de setembro, 19:00
Valadares - Vigo - Pontevedra
O rianxeiro
23 de setembro, 18:00
Praza da Igrexa - Lalín - Pontevedra