Evento: As mulleres contamos a nosa historia

As mulleres contamos a nosa historia
luns, 17 marzo, 2025 a martes, 18 marzo, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

As mulleres contamos a nosa historia

Obradoiro de lectura e escrita creativa

AS MULLERES CONTAMOS A NOSA HISTORIA é un obradoiro sobre literatura, esa ferramenta gozosa e poderosa coa que as mulleres puidemos desenvolver a nosa creatividade, expresar as nosas inquedanzas, coñecernos mellor, e deixar pegada da nosa época e dos nosos soños. Desde o comezo, a literatura non ten sido para nós só a experiencia de fabular historias, tamén a de construír(nos) e contar a nosa propia historia.

Cada unha ten unha voz, una historia que contar. No obradoiro procuraremos dar forma a esas páxinas que non saíron nunca do caixón, tentaremos atopar o ritmo adecuado e xogaremos a construír escenas e personaxes. Para iso, recorreremos ao máis próximo: as nosas emocións, recordos e anécdotas que xa teñen forma de relato. Porque, é posible escribir sen observar o mundo que nos rodea, sen observarnos a nós mesmas?

Nesta aventura non estamos soas. Leremos unha selección de textos de grandes escritoras que amosan a riqueza da nosa xenealoxía: mulleres que teñen reflexionado sobre a súa propia experiencia á hora de escribir e sobre como a escritura tense entrelazado nas súa vidas e estas nas súas obras.

Data e hora: luns e martes 17 e 18 de marzo ás 18.00 h.

Público destinatario: Xuvenil e adulto

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do xoves, 6 de marzo ás 9.00 h.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola