Evento: Miguel Lago
Miguel Lago
Miguel Lago volve “máis libre que nunca”, un espectáculo que confirma por que leva dezaseis anos consecutivos enchendo os teatros de España. Fiel á súa tradición, chega con material completamente renovado: novas rutinas, novos chistes e a garantía dun humor tan orixinal como atrevido, capaz de facerche rir sen descanso.
Cada tempada, un show distinto. Así é Lago.
Unha vez máis, abrirá as portas do seu Comedy Club, convertendo o teatro nun auténtico templo da comedia. Máis de 50.000 espectadores desfrutaron a pasada tempada desta revolución do clásico espectáculo unipersonal, onde Miguel Lago desprega unha liberdade creativa absoluta.
Función tras función, Lago demostra por que é un dos grandes referentes do stand-up no noso país. A súa proposta, co empaque dos grandes teatros de Broadway, convérte cada noite nunha experiencia irrepetible.
Un espectáculo vivo, cambiante, que podes ver varias veces ao longo da tempada… e rir aínda máis en cada ocasión.
Imprescindible.



