Evento: Construción dun formo para a redución de mineral de ferro

  • Arqueoloxía experimental no Museo de Viladonga
Construción dun formo para a redución de mineral de ferro
venres, 6 decembro, 2024 a sábado, 7 decembro, 2024
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

Construción dun formo para a redución de mineral de ferro

Xornada de arqueoloxía experimental

Ao longo das múltiples campañas de escavacións, no castro de Viladonga documentáronse restos materiais que indican a realización de actividades metalúrxicas. Algunhas destas evidencian o traballo do ferro, pero non só o relacionado coa forxa e elaboración de útiles, senón que tamén parecen indicar a presenza de actividade siderúrxica no castro, é dicir, a extracción de ferro do mineral.

Unha forma de abordar este tipo de evidencias é a da arqueoloxía experimental. Esta disciplina non se limita a estudar os restos materiais, senón que procura entender as actividades humanas e os procesos técnicos que os produciron.

Deste xeito, o Museo realiza unhas xornadas experimentais nas que buscar información sobre este proceso metalúrxico, para intentar comprender mellor como se producía o ferro e que evidencias pode deixar nun xacemento arqueolóxico. 

O venres 6: construción do forno e preparación do mineral e o sábado 7: acendido do forno e execución do experimento.

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

20260615_cartel_cualedro
Obradoiro creativo de gravado e estampación
15 de xuño
CEIP Vicente Risco, Cualedro.
cartel a bica que rica
A bica que rica!
20 de xuño
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura
Aula didáctica de cultura clásica
22 de xuño a 26 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiros de verán
29 de xuño a 3 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel