Evento: Obradoiro de cerámica

Obradoiro de cerámica
luns, 16 decembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de cerámica

A cargo do colectivo Xeitura

Neste obradoiro, explicaremos de maneira sinxela e amena a evolución das técnicas e decoracións na cerámica prehistórica. Tamén abordaremos como, dende a arqueoloxía, se realiza a clasificación das pezas e que formas podemos atopar ao longo da prehistoria en Galicia, empregando exemplos atopados en castros galegos. Para concluír a actividade, os participantes elaborarán unha peza utilizando a técnica máis antiga coñecida: a técnica de churros.

No salón de actos. Para 20 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazon.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa
Obradoiro de cerámica castrexa
31 de maio
Museo do Castro de Viladonga
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel