Evento: Obradoiros de banda deseñada

Obradoiros de banda deseñada
luns, 28 outubro, 2024 - 12:00
Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. Salón de actos Xaquín Marín.,
Fene

Obradoiros de banda deseñada

FalaRedes leva obradoiros de banda deseñada a 25 destinos diferentes

FalaRedes leva obradoiros de banda deseñada a 25 destinos diferentes, cunha nova proposta de dinamización do uso da lingua galega.

Os obradoiros dirixidos á infancia, mocidade ou público adulto, segundo as preferencias do concello anfitrión, van achegarlles a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans.

Quen vai impartir os obradoiros:

  • Manel Cráneo, quen ademais coordina o proxecto, e que presentará para o público adulto a súa nova novela ilustrada “Cinza”.
  • Inés Vázquez, a recoñecida ilustradora que baseará o obradoiro para público infantil e xuvenil na súa nova obra “Aldara”.
  • Alberto Guitián, quen, como bo humorista gráfico e ilustrador, nos levará ao mundo da creación de personaxes.
  • Irene Sanjuán, a ilustradora imparte obradoiros de personaxes dirixidos á infancia e mocidade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de Nadal
22 de decembro a 2 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Nadal creativo: A viaxe dos Reis Magos
22 de decembro a 30 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de xogos de mesa
22 de decembro
Mercado Cultural
O Apalpador, monicreque de Nadal
22 de decembro a 23 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola