Evento: Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
sábado, 30 novembro, 2024 - 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía,
Arteixo Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
Monicreques e música para público familiar
FalaRedes trae no tempo do outono unha proposta dirixida a toda a familia na que combinamos o teatro de monicreques coa música, para que nun contexto distendido e alegre os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.
Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?
Máis eventos do ciclo FalaRedes

8 de agosto, 17:00
Área recreativa do río Vaa - Malpica de Bergantiños - A Coruña

20 de agosto, 19:30
Praza do Convento - Melide - A Coruña

21 de agosto, 12:00
Alameda de Raxoi - Pontedeume - A Coruña

22 de agosto, 20:00
Praza da Mariña - Burela - Lugo