Evento: Wombo Combo
Wombo Combo
Wombo Combo
Obra de Galeatro escrita por Paula Carballeira
O programa de dinamización do galego FalaRedes chega ao tempo do outono cunha pequena xira do espectáculo teatral Wombo Combo da compañía Galeatro.
Esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, está dirixida á mocidade, ao público xeral a partir de 8 anos. Nunha reflexión sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia contemplamos como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, dá en levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e o illamento.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
15 de novembro, 19:00
Casa da Cultura - Outes - A Coruña
22 de novembro, 12:00
Edificio Sociocultural A Senra - Bergondo - A Coruña
26 de novembro, 18:30
Alianza Aresá - Ares - A Coruña
27 de novembro, 18:00
Praza do Concello - Baiona - Pontevedra