Evento: Sabine McCalla, Duff Thompson & Max Bien Khan

Sabine McCalla, Duff Thompson & Max Bien Khan
venres, 20 setembro, 2024 - 21:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Sabine McCalla, Duff Thompson & Max Bien Khan

Concerto enmarcado no Holanola Lab-Festival, un lugar de encontro atravesado por diferentes aportacións culturais, para xerar un intercambio de saberes arredor da música. 

Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5