Evento: A posta en escea da comunicación

A posta en escea da comunicación
mércores, 22 maio, 2024 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

A posta en escea da comunicación

Ramiro Neira

Falar é fácil. O difícil é que as túas palabras conten: conectar con quen che escoita, xa sexa un individuo, un pequeno grupo, ou unha gran audiencia.

A conexión coa túa audiencia constitúe a base da influencia. Sen conexión non hai verdadeira comunicación. Para ter éxito na vida debes traballar con outras persoas. E para obter o máximo destas relacións, debes aprender a conectar.

Obradoiro de teatro con diferentes propostas prácticas, derivadas das técnicas de comunicación e actorais dirixidas a mellorar a súa capacidade para a oratoria e de proxectarse cara os demais.

Duración: 2 horas

Para maiores de 16 anos

Salón de actos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 10 de maio ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa