Evento: Obradoiro creativo de CinEmakis

Obradoiro creativo de CinEmakis
venres, 8 marzo, 2024 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Obradoiro creativo de CinEmakis

Os obxectivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e transformalo nun xoguete, do cal se poida inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

Realizarase unha maqueta física dos emakis e as personaxes a través de caixa de cartón, debuxos, collages e debuxando onde ó rematar cada participante representa a súa historia e poden levar para casa o seu cineEmaki.

Data e hora: venres, día 8 ás 18:00 horas.

Público destinatario:  infantil, de 6 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca  a partir do 28 de febreiro ás 9:00 horas.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogando coas letras - mércores 11
11 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
20260212_cartel_baleira
Libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas
12 de febreiro
CEIP Concepción López Rey
O noso entroido
14 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense