Evento: Robótica experimental

Robótica experimental
venres, 24 novembro, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Robótica experimental

A cargo de A nube de Artear

A robótica é unha disciplina enmarcada no ámbito educativo que facilita o descubrimento da tecnoloxía e a programación, mediante unha aprendizaxe dinámica e divertida na que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Para público infantil de 6 a 12 anos. (12 prazas por sesión)

2 sesións:

1º grupo ás 18:00 h.

2º grupo ás 19:00h.

Na Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil ou no teléfono 982928329

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola