Evento: Crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)

Crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)
mércores, 22 novembro, 2023 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)

Obradoiro con O Faiado de Nin

Obradoiro no que cada participante dará vida a unha personaxe de trapo, personalizándoa ao seu gusto.

Partindo de bonecos “en branco” cada nena e neno poderá poñerlle pelo (de lá ou tea de peluche), pintarlle a cariña e ata confeccionar a súa roupa con retallos de tea e feltro. Quen dixo que os bonecos son cousas só de nenas??? 

Na sala infantil. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

20251105_cartel_cualedro
A muller na ciencia
5 de novembro
CEIP Vicente Risco
Obradoiros Mes da Cienccia
5 de novembro a 26 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Xogando coas Letras - mércores 5
5 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
cartel_amullernaciencia_7_novembro
A muller na ciencia
7 de novembro
CEIP Valle-Inclán de Muíños, Mugueimes