Evento: Contacontos e charla sobre literatura infantil accesible

Contacontos e charla sobre literatura infantil accesible
luns, 6 novembro, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Contacontos e charla sobre literatura infantil accesible

A cargo de Susana Peix

Cedemos o salón de actos da biblioteca a Susana Peix, bibliotecaria e escritora especializada en accesibilidade á lectura, para realizar unha actividade sobre a comprensión lectora e a literatura infantil accesible.

A actividade comeza cun contacontos no que escoitaremos dous relatos: El mejor gato del vecindario e Planeta Q, un lugar donde vivir.

Ao remate da contada, impartirá unha charla na que a través da presentación da coleción Leemos (ed. Cumio) analizará as características que facilitan a lectura e a comprensión lectora.

A tipografía, o estilo e tamaño da letra, o contraste da cor, a disposición do texto... son elementos determinantes para facilitar ou dificultar o acceso á lectura ás nenas e nenos. A coleción Leemos presenta todas as características que facilitan a lectura en formato e contido: desde a elección do papel ata a narración da historia. A editorial Cumio reúneos nesta colección organizada en dous niveis lectores: +6 para iniciar aos nenos e nenas na lectura de xeito autónomo e +8 para dar continuidade a esta lectura.

Actividades dirixidas a todos os públicos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela